Comarcas Vigo al minuto

A alcaldesa do Porriño anuncia o inicio de obras de mellora no Polígono da Granxa

Reunión A Granxa
Eva García de la Torre, Indalecio Cuevas e o xerente da Entidade de Conservación do Polígono de A Granxa, David Sobral

A alcaldesa do Porriño mantivo unha xuntanza co presidente dos empresarios do polígono da A Granxa para tratar sobre a conservación do mesmo e os proxectos de mellora deste emprazamento industrial.

Eva García de la Torre, Indalecio Cuevas e o xerente da Entidade de Conservación do Polígono de A Granxa, David Sobral, fixeron un percorrido polo mesmo para ver, in situ, os lugares nos que o Concello ten previsto realizar distintas obras e para estudar as necesidades, de conservación e de sinalización, para garantir a seguridade no tránsito e acceso ao mesmo.

A alcaldesa informou polo miúdo aos responsables da Entidade de Conservación do plan para a transformación de catro rotondas interiores e adiantou que o Concello acometerá, “inmediatamente”, a reparación da beirarrúa e o vial danados na Avenida Principal coa rúa I, a colocación de discos azuis e pintado de viais, a reposición da sinalización vertical e horizontal, a colocación de sinalética que informe de que o estacionamento de gabarras está limitado e o regulamento da taxa de vados municipais, de xeito que so teña que pagar a taxa en A Granxa quen queira a placa dos mesmos.

Ademais, o Goberno local acelerará os trámites para a reposición da escultura danada por un accidente en febreiro de 2011 e comprométese á mellora da limpeza no conxunto do polígono, no que traballan máis de 4.000 persoas e transitan, diariamente, preto do dobre.

Eva García de la Torre e Indalecio Cuevas coincidiron no feito de que o tecido empresarial é un dos símbolos do Porriño, que abrangue a algunhas das firmas punteiras “a nivel mundial” o que se reflicte na súa capacidade innovadora, exportadora, investigadora e creadora de riqueza, que fai que produtos fabricados aquí teñan presenza en todos os lugares do mundo.

Neste senso, a alcaldesa, como xa fixera nas reunións cos responsables do Clúster do Granito e da Automoción e cos directivos de Lonza, expuxo a formulación do goberno local para impulsar un plan de formación para o emprego que, salientou, teña en conta as necesidades das empresas, de xeito que sexan especialistas das mesmas os encargados de impartir o aprendizaxe a desempregados do Porriño para facilitar a súa inserción laboral.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.