Ciencia y Tecnología Vigo al minuto

Especialistas do Cunqueiro ultiman a posta en marcha do #BancodeLeite

O xefe do servizo de Pediatria, Dr. Fernández Lorenzo; a coordinadora do Banco de Leite, Dra. Ana Concheiro e outra das neonatólogas, Dra. María Suarez
O xefe do servizo de Pediatria, Dr. Fernández Lorenzo; a coordinadora do Banco de Leite, Dra. Ana Concheiro e outra das neonatólogas, Dra. María Suarez

O equipo de profesionais que atenderán ao Banco de Leite do Álvaro Cunqueiro están ultimando os detalles técnico para súa posta a punto no próximo mes de marzo. Por isto, os neonatólogos, enfermeiras e o técnico que atenderán este novo servizo, achéganse a próxima semana ao Hospital 12 de Outubro de Madrid para comprobar in situ o funcionamento deste dispositivo, que é o pioneiro en España na creación dos bancos de leite humano.

O Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (Chuvi), xunto co Complexo de Santiago, disporá dos primeiros Banco de Leite Materno de Galicia. O Cunqueiro, segundo informa Sanidade, será referencia para as áreas sanitarias das provincias de Pontevedra e Ourense.

A autorización prodúcese trala presentación do proxecto para a creación do Banco de Leite Materno no Hospital Álvaro Cunqueiro, elaborado polo doutor Fernández Lorenzo, xefe do Servizo de Pediatría da EOXI de Vigo, e pola doutora Concheiro Guisán, xefa de sección de Neonatoloxía.

O Banco de Leite Materno é indispensable para aquelas nais que, estando a favor desta forma de lactación para os seus bebés, presentan unhas condicións clínicas que o contraindican ou sofren unha demora na instauración do leite nos primeiros días de vida do bebé.

“A consecución do Banco de Leite Materno para o Álvaro Cunqueiro é o froito de anos de traballo dos profesionais vigueses, tanto na conciencia das bondades do leite materno como na preparación de todo o proxecto”. Un traballo liderado polo doutor Fernández Lorenzo, xefe do Servizo de Pediatría, e pola doutora Ana Concheiro Guisán, xefa de sección de Neonatoloxía, en colaboración cos centros de saúde da área viguesa.

Segundo explica o xefe do servizo de Pediatría, Férnandez Lorenzo, “Vigo é a área onde prodúcense máis nacementos de toda Galicia, ao tempo que é onde hai máis mulleres en idade fértil, e maior poboación infantil. Se eses datos xa xustificarían o establecemento no Álvaro Cunqueiro do Banco de Leite Materno, hai aínda outro máis contundente, en Vigo é onde unha maioría de mulleres lactantes mostrou o seu desexo de doar e participar no proxecto”-.

Na mesma liña tamén expresouse a coordinadora do Banco, Ana Concheiro xa que “poremos en marcha o Banco grazas a colaboración altruísta e desinteresada das doantes, que serán as verdadeiras protagonistas deste novo servizo sanitario”. Xa desde hai anos, os profesionais vigueses levan a cabo unha promoción activa da lactación materna.

A maioría dos estudos médicos constata que o leite materno para os bebés ocasiona un aumento da supervivencia e das taxas de desenvolvemento neurolóxico normal tanto nos recentemente nacidos tras o período normal de xestación como, sobre todo, nos prematuros.

Os mesmos estudos demostran que co uso do leite materno rexístrase un menor período de ingreso no hospital tralo parto e reducen tamén as complicacións nos prematuros.

¿Que é un Banco de Leite Materno?

É o lugar onde procésase e custodia o leite doado por nais en período de lactación e é, segundo os estándares actuais, o mellor sistema que permite garantir a calidade da asistencia neonatal para aqueles recén nados aos que as súas nais non poden aleitar por distintos motivos.

O perfil das doantes é o dunha muller sa, que aleita e que presenta unha lactación ben establecida en polo menos 3 semanas despois do parto.

En todo o Estado hai, na actualidade, 8 Bancos de Leite, unha dotación que os profesionais consideran insuficiente para cubrir a demanda existente.

Para un correcto funcionamento, o Banco de Leite humano debe contar cun espazo físico dotado co seguinte equipamento, unha pasteurizadora, un conxelador, analizadores do leite , unha mesa de traballo e outra de recepción de mostras, así como outra pequena sala para a análise das mostras e un despacho para as entrevistas ás posibles doantes.

Para o funcionamento do Banco de Leite precísase o traballo dos médicos neonatólogos, un deles se encarga de coordinar o proceso de doazón e responsabilícese dos controis de calidade. Ademais, unha enfermeira de Dietética, que intervirá en todo o proceso, incluído o de formación e selección das posibles doantes, así como a supervisión do procesamento e almacenamento do leite e a coordinación da posterior dispensación interna.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.