Comarcas Vigo al minuto

#Teleasistencia da Deputación atendeu a 402 persoas maiores de toda a provincia de Pontevedra o ano pasado

Servizo de Teleasistencia da Deputación de Pontevedra
Servizo de Teleasistencia da Deputación de Pontevedra

O servizo de Teleasistencia Domiciliaria da Deputación de Pontevedra atendeu durante o ano 2015 máis de 400 persoas, que xeraron un total de 4.300 chamadas de alarma. O servizo, cofinanciado pola institución provincial en colaboración cos 47 concellos de menos de 20.000 habitantes adheridos, prestou servizo durante o ano pasado a 402 persoas maiores ou con algún grao de discapacidade, que viven soas pero gozan da suficiente autonomía para permanecer nos seus fogares.

A teleasistencia garante unha atención efectiva durante todos os días do ano e a calquera hora do día. No momento que o usuario o desexe ou precise pode establecer comunicación cun teleoperador, a través dun pulsador colgante que levan incorporado. Así, durante o 2015 atendéronse un total de 4.391 alarmas, das cales 225 foron debidas a emerxencias sanitarias ou sociais.

Ademais, para paliar os sentimentos de soidade e illamento das persoas, o servizo efectuou no mesmo período 276 visitas de seguimento, que se sumaron ás visitas que se realizan habitualmente para a resolución de diversas incidencias. Asemade, organizáronse 7 xornadas de convivencia, co obxecto de proporcionarlles aos usuarios e usuarias un tempo de lecer e un espazo de intercambio de experiencias e inquedanzas.

O servizo está a cargo de un teleoperador especificamente preparado para atender as necesidades dos usuarios e usuarias dun xeito cálido e humáne de apoio a demandas de angustia, soidade, e accidentes domésticos; mobilización de recursos ante situacións de emerxencia sanitaria, persoal ou social; xestión de axendas para lembrar datos importantes sobre a toma de medicación e a realización de xestións; e seguimentos permanentes dende o Centro de Atención, mediante chamadas telefónicas periódicas. Ademais, tamén se efectúan chamadas de felicitación por aniversarios, santos e outras datas sinaladas.

O mesmo, permite a permanencia dos usuarios e usuarias no seu medio habitual e o contacto permanente co seu entorno socio familiar, evitando o illamento social e a soidade. Deste xeito, evítanse institucionalizacións innecesarias ao tempo que se asegura unha intervención inmediata ante posibles situacións de crise persoais, sociais ou médicas.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.