Vigo al minuto

A Deputación abre o prazo do ‘Plan de Práctica Laboral’ para que os concellos contraten a titulados universitarios

TraballandoA Deputación de Pontevedra abriu o prazo para que os concellos da provincia se inscriban no ‘Plan de Práctica Laboral 2016’, dirixido a titulados universitarios e de formación profesional sen experiencia previa. O plan contempla a convocatoria de 166 bolsas para que os estudantes completen a súa formación académica nas entidades municipais, en áreas de coñecemento e actividades que faciliten a súa futura incorporación ao mercado de traballo.

As pŕacticas desenvolveranse durante un período de seis meses, prorrogables por outros seis, e inclúen unha remuneración mensual aproximada de entre 700 ou 800 €. Os concellos de ata 10.000 habitantes poderán solicitar dúas prazas de bolseiros e aqueles cunha poboación comprendida entre 10.001 e 50.000 habitantes teñen asignados catro bolseiros.

Os concellos que desexen participar no programa de prácticas teñen de prazo ata o 12 de decembro para inscribirse a través da páxina web da Deputación de Pontevedra . Entre outros requisitos, deberán presentar un programa formativo e identificar o persoal técnico da entidade que actuará como titor.

A Deputación asume o financiamento do plan, a distribución e asignación das bolsas entre os concellos solicitantes, a selección dos aspirantes, a adxudicación das bolsas, o pagamento da axuda ou subvención correspondente aos bolseiros e, asemade, a cotización á Seguridade Social.

O Plan de práctica laboral nos concellos da Deputación de Pontevedra segue as recomendacións da Unión Europea en materia de emprego xuvenil na que se require a participación de todas as institucións, públicas e privadas, para mellorar a situación laboral da mocidade.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.