Vigo al minuto

Traballadores de limpeza das zonas verdes, en folga dende o luns, durmirán diante do Concello, cando menos, ata o luns

Acampada1O persoal de Althenia, nova concesionaria do servizo de limpeza de zonas verdes de Vigo dende o pasado 1 de setembro, accedeu ás dependencias municipais arredor da 1 da tarde coa intención de manter un encontro co edil de Parques e Xardíns, Ángel Rivas, que segundo lles comunicaron non se atopaba no edificio.

Acampada3Foi entón cando decidiron iniciar o peche, que se prolongou até as 4 e media, unha vez que a Policía Local ameazou con sancionalos “por orde da Alcaldía en base á ‘Lei Mordaza’ aprobada recentemente polo PP”. Pero antes lograron o seu obxectivo, xa que o concelleiro confirmou que o luns ás 9 da mañá recibirá a tres representantes do comité.

Acampada2Con todo, os operarios decidiron trasladar as protestas á Praza do Rei, onde instalaron tendas de campaña nas que teñen pensado permanecer as 24 horas do día cando menos até o luns.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.