Comarcas Vigo al minuto

O alcalde de As Neves conquire varios compromisos no desenrolo da PLISAN

Xosé Manuel Rodríguez, alcalde de As Neves
Xosé Manuel Rodríguez, alcalde de As Neves

O alcalde de As Neves mantivo, este luns na sede do Goberno e Galicia en Compostela, unha xuntanza, coa consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Ethel Vázquez, a delegada da Zona Franca, Teresa Pedrosa, e o presidente do Porto e Vigo, Ignacio López-Chaves, en relación coa posta en marcha das obras de urbanización da primeira fase da Plataforma Loxística Salvaterra-As Neves e o desenrolo posterior da totalidade do proxecto da PLISAN.

Na devandita reunión, na que estiveron presentes tamén varios técnicos dos devanditos organismos, Xosé Manuel Rodríguez Méndez obtivo o compromiso da conselleira de dar inicio as obras en outubro e que, inmediatamente, como plantexou o rexedor, iniciarase a licitación das obras das plantas de depuración e tratamento de augas, logo das reunións técnicas entre Goberno Galego, Zona Franca, Porto de Vigo e Concello de As Neves. Asimesmo, as tres administracións implicadas incluirán nas súas axendas internacionais de negocios a captación de inversión para a PLISAN.

O alcalde esixiu durante a xuntanza que se dese solución as demandas de «todos e cada un» dos afectados pola expropiación dos terreos para a PLISAN, obtendo o compromiso dos representantes das tres administracións de que se acometería a mesma de xeito que, como solicitou Xosé Manuel Rodríguez, o mesmo tamén abranguese aos propietarios do millón de metros cadrados que quedaron fora do proxecto final do Porto Seco. Neste senso, a conselleira estivo dacordo en realizar unha reunión técnica que vaia avaliando a situación da PLISAN en relación co millón de metros cuadrados excluidos do seu ámbito.

Polo que se refire á garantía de conexión do saneamento de As Neves co da Plataforma Loxística, anunciada polo anterior alcalde popular, Raúl Emilio Castro, a conselleira deixou claro que a mencionada conexión non estará garantida ata que sexa asinado un convenio entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, e os concellos de Salvaterra e As Neves, «convenio que implicará unha contrapartida por parte dos dous pola cantidade auga depurada».

Por último, o alcalde expuxo a necesidade de por en marcha a construción da estación do tren, que depende no seu desenrolo do Porto de Vigo. O presidente deste organismo informou a Xosé Manuel Rodríguez, que o proxecto da mesma «está xa moi avanzado».

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.