Galicia

Os gandeiros ateigan Lalín para esixir, de novo, prezos dignos para o leite

LalínCincocentos tractores e milleiros de persoas sairon á rúa en Lalín, logo de que os tractores cortasen a entrada ao concello chegando, por estrada, dende Lugo, Santiago, Chantada, Melide, Vila de Cruces, Santiago, Ourense e Pontevedra.

Sin títuloNa terceira das mobilizacións-despois das de Chantada e Santa Comba- para esixir ‘prezos dignos e xustos’ para o leite, os gandeiros- apoiados por centos de veciños, aos que se sumou o alcalde e os comerciantes, que pecharon os seus negocios en apoio á reivindicación- volveron a pedir ao Goberno do Estado e ao de Galicia que fagan xestións diante das grandes compañías leiteiras que, lembraron, en moitos casos pagan entre 18 e 24 céntimos de euro polo litro de leite, un prezo que está por debaixo do custo de producción e que “está poñendo en perigo a supervivencia da metade das granxas do país”.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.