Cultura Vigo al minuto

A semana que ven, o Goberno de Galicia retirará dos xulgados de Vigo máis de 20.000 expedientes xudiciais

XulgadoO Goberno de Galicia, a través da Dirección Xeral de Xustiza, procederá, a semana que ven, á retirada de máis de 670 caixas de documentación dos arquivos dos xulgados de Vigo. En total, trátase de máis de 20.000 expedientes liberados dos xulgados sociais.

Segundo infgiorma o Goberno, “este paso, resulta indispensable para poder levar a cabo o expurgo”, un proceso complexo cuxa tramitación leva meses, polo que desde Xustiza destácase a colaboración destes órganos xudiciais. Esta previsto que a actuación continúe en xullo e agosto, coa retirada de máis material no resto de xulgados penais vigueses.

Tras a gravación de expedientes, o seguinte paso será a realización dun estudo das series documentais e dos organismos produtores por parte do persoal técnico de arquivos e a súa remisión á Xunta de Expurgo, xunto cun informe da Consellería competente en materia de patrimonio documental.

Posteriormente, a Xunta de Expurgo emitirá un acordo no que se determine o destino final da documentación e publicarase no DOG e en prensa, dando un prazo de dous meses para que as partes interesadas do procedemento poidan solicitar documentación. Finalmente, procederase á destrución ou envío dos expedientes a un arquivo histórico, cando se aprecie interese documental.

Esta retirada, completa a xa levada a cabo o pasado mes de decembro nos xulgados de Primeira Instancia nº 10, Instrución nº 5 e Penal nº 1, 2 e 3 da cidade. Nesa ocasión retiráranse máis de 18.000 expedientes.

Nas dependencias xudiciais de Vigo xa foron liberadas 32 toneladas de documentación existente nos depósitos xudiciais. Tamén foron retiradas 50 toneladas de pezas de convición dos xulgados vigueses que foron enviadas a Sogama para a súa destrución.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.