«A praza entrou, por fin, no Pazo»

Xulio Ferreiro e Martiño Noriega, novos alcaldes de A Coruña e Santiago/ Fotos: Twitter
Xulio Ferreiro e Martiño Noriega, novos alcaldes de A Coruña e Santiago/ Fotos: Twitter

O novo alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, prometeu «un tempo novo» na forma de gobernar e un concello «que deixe de ser couto privado». Ferreiro, elixido cos  10 votos da Marea, 6 do PSOE e 1 do BNG, comprometeuse a gobernar «para todos os coruñeses e coruñesas, votasen o que votasen» e a realizar un mandato «cunha nova forma de facer política» e «cumprindo» co programa electoral da Marea Atlántica.

O novo alcalde salientou que «todo o que se decida» debe ser coñecido pola cidade, e reivindicou «a honestidade e a ética…un goberno coas paredes de cristal».

Ferreiro animou a poñer á cidade «á cabeza da primavera democrática que atravesa Europa». «Hoxe é un día alegre e histórico para A Coruña», engadiu lembrando que estas palabras foron empregadas por Domingo Meiriños, o primeiro alcalde que tivo a cidade coa chegada da democracia.

En Compostela, Martiño Noriega foi investido como novo alcalde con 12 votos: os 10 edís de Compostela Aberta e os 2 de BNG -os 4 do PSOE abstivéronse e os 9 do PP votaron ao seu candidato-.

O xa alcalde de Santiago- que unha hora antes entregou o bastón de mando de Teo, concello do que foi rexedor ata hoxe- pediu a toda a Corporación que sexa capaz de «apostar polas cuestións importantes da cidade, porque máis alá das dinámicas partidarias que existirán, temos que ser capaces de poñer enriba da mesa o diálogo e que iso permita a Compostela recuperar o seu prestixio e exercer como capital dun país que estea orgullosa de tela como capital«.

Noriega indicou que aspira, «con todos os erros e acertos que poida ter, a recuperar a confianza dos veciños» e «buscar outra forma de facer política contando coa cidadanía».

No seu discurso, o novo alcalde tivo unha especial mención para Ánxel Casal, alcalde republicano e galleguista de Santiago fusilado no franquismo, ao que lembrou para «recuperar os seus valores», e para as ‘Dos Marías’, dúas irmás compostelanas emblema da cidade, Coralia e Maruxa, tamén represaliadas

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.