Vigo al minuto

Os futuros campións vigueses disputaron este domingo a Maratón Infantil de Coia

Salida de una de las pruebas de la Maratón de Coia, este domingo/Tresyuno Comunicación
Salida de una de las pruebas de la Maratón de Coia, este domingo/Tresyuno Comunicación

Máis de 1.000 rapaces e rapazas de entre 3 e 12 anos-alumnos dos colexios do barrio-, participaron este domingo na VII Maratón Infaltil de Coia, organizada pola Asociación de Veciños Cristo da Vitoria co apoio do Concello.

Dende as 10 e media da mañá, en un circuito delimitado na contorna da asociación -Praza Cristo da Vitoria e rúas Baiona e A Garda- disputáronse as distintas probas, organizadas por categorías de idade e nenos e nenas.

O alcalde entregou as medallas aos participantes, acompañado pola tenente de alcalde, Carmela Silva, e o concelleiro de Deporte/Tresyuno Comunicación
O alcalde entregou as medallas aos participantes, acompañado pola tenente de alcalde, Carmela Silva, e o concelleiro de Deporte/Tresyuno Comunicación

O alcalde, acompañado pola primeira tenente de alcalde e o concelleiro de Deportes, foi o encargado de entregar as medallas aos deportistas que tomaron a saída e que representaban aos colexios Montesol, Celso Emilio Ferreiro, Cristo da Vitoria, Don Bosco, Emilia Pardo Bazán, Seis do Nadal, Illas Cíes, Escultor Acuña, Pintor Laxeiro e Virxe do Rocío.

A Maratón Infantil de Coia é un dos máis destacados eventos deportivos dos máis de 300 que, en todos os niveis e modalidades, se celebran cada ano en Vigo e que fan da cidade a que organiza en Galicia máis citas relacionadas coa actividade física, o que fai de Vigo un punto de referencia nos calendarios de competición do Estado.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.