Vigo al minuto

Este venres, ábrese o prazo de preinscripción nos Campamentos de Verán de Vigo

VeránO progama do Concello para este verán inclúe campamentos urbanos -para rapaces desde os 4 ata os 17 anos-, espazos de tempo libre (de 4 a 12 anos) e actividades xuvenís (de 13 a 35 anos), unha oferta que mantén os prezos nas propostas que son pago -cunha media de 35 €- cunha subvención municipal do 40% do custe das mesmas.

A partir deste venres día 15 de maio, ábrese o prazo de preinscripción para realizar o rexistro de datos na web www.xuventudevigo.org e, a partir do 28 de maio, data de inicio de solicitudes, as familias só terán que elixir a actividade á que queren apuntarse, o cal evita aos interesados ter que gardar cola.

Os obxectivos dos campamentos son: ofertar un tempo de ocio educativo dentro da propia cidade, achegar e divulgar a cultura marítima e potenciar o estudo do inglés, a este respecto, o Concello organiza distintos campamentos relacionados coa náutica e a Ría en distintos puntos da cidade e incluso unha actividade de inmersión lingüística en inglés.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.