_agenda Cultura

Torrente Ballester ten 50.000 euros máis para festexar o seu centenario

O escritor ferrolá Gonzalo Torrente Ballester.
O escritor ferrolá Gonzalo Torrente Ballester.

Cúmprense 100 anos do nacemento do escritor ferrolá Gonzalo Torrente Ballester e haberá que festexalo por todo o alto, sobre todo culturalmente falando. A Xunta acaba de asinar un convenio coa Fundación que leva o nome do escritor polo que aportará 50.000 euros para organizar a festa de cumpreanos, que incluirá ciclos de conferencias, visitas, xornadas e traducións de relato do autor.

Entre as actividades está previsto un ciclo de conferencias con escritores, críticos e periodistas que impartirán charlas na sede da Fundación Torrente Ballester en Santiago. Ademáis, nos obradoiros proporcionarase un entorno no que os escolares podan realizar unha labor activa dentro da literatura, axudándolles a desenvolver unha boa competencia lectora e animarlos a coller un libro.

Por outra banda organizaranse ciclos de reflexión e debate acerca da evolución e os cambios sufridos polos métodos, contido e tempo dedicados á ensinaza da literatura nos derradeiros 50 anos da nosa historia e nos que se intentará que participen os institutos de Secundaria nos que Torrente Ballester deu clases.

E, ademáis, tens previsto realizar xornadas científicas nas que se abordarán as relacións entre a Historia e a Literatura e facerse varias traducións ao galego de relatos do escritor que terminou os seus días frente a Baiona. Outro dos obxectivos a cumprir no centenario do autor é dinamizar a súa biblioteca persoal e dar a coñecer a súa vida entre os escolares.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.