Comarcas

Un día con Pereiro e Contador en Mos

Os máis pequechos de Mos poderán desfrutar o vindeiro domingo 18 de abril dun día co ciclista mosense Óscar Pereiro e co seu compañeiro do equipo Astana, Alberto Contador, nunha excursión a Santiago de Compostela no día en que se celebra a etapa final da Volta a Castela e León na que participan ambos corredores e que este ano remata na capital galega con motivo do Xacobeo 2010.

Só poderán ir os 50 primeiros inscritos, aínda que se está a estudiar a posibilidade de ampliar o aforo. Os nenos de entre 6 e 14 anos terán que anotarse ou pedir información no centro Multiusos das Pozas ou chamando ao teléfono 986 33 94 04. O autobús sairá de Mos ás 10:30 horas e regresará ás 17:30 horas. Xa en Santiago, os rapaces terán reservada unha zona na que poderán pedir autógrafos aos seus ídolos e facerse fotos con eles e recibirán camisetas, bocadillos e refrescos.

A vindeira iniciativa será a IV Marcha de Mountain Bike Concello de Mos, que celebrarase o 23 de maio a partir das 09:30 horas e que estará incluida no Calendario de Marchas BBT de Galicia.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.