
O presidente Feijóo xustificou este xoves que o Goberno galego destinase 300.000 €-50 millóns das desaparecidas pesetas- a un videoclip do cantante Enrique Iglesias afirmando se trata dunha acción de promoción turística «máis» para atraer visitantes a Galicia.
Na rolda de prensa posterior ao Consello o xefe do executivo comparou as ‘descargas’ que pode ter este vídeo co custo que supón un ‘anuncio’ nunha cadea de televisión estatal e reiterou que, ao seu Goberno, o que lle interesa é «dar a coñecer Galicia no mundo». O presidente subliñou que «cantos máis millóns de persoas vexan imaxes» de Galicia máis posibilidades hai de que esta se converta en destino turístico.
“O importante serán os datos e os resultados, se son bos para o turismo de Galicia,», engadiu, citando como exemplo de patrocinio La Vuelta Ciclista a España ou a películas «que falen de Galicia aínda que sexa con actores estranxeiros»- en referencia ao filme inspirado no Camiño de Santiago e protagonizado por Martin Sheen- hijo de Francisco Estévez, un emigrante de Salceda de Caselas-, ‘The Way’.
