Vigo al minuto

Dous policías nacionais de Vigo, que asistiron a un ferido facéndolle o boca-boca, en tratamento por un posible contaxio de SIDA

Dous axentes da Comisaría de Vigo da Policía Nacional están en tratamento por un posible contaxio da Sida. Os axentes asistiron a un home ferido que estaba en estado grave e para salvarlle a vida fixéronlle o boca a boca mentres agardaban a que chegase unha ambulancia. O home era portador do VIH.

Xa ingresado, os médicos constataron que era portador do VIH polo cal alertaron aos axentes que para que comezasen un tratamento con antivirais, tratamento que, segundo soubo vigoalminuto, durará 12 semanas.

Os representantes sindicais policiais esixen que os axentes leven material axeitado para afacerlle fronte a situacións semellantes, trataríase dunha bomba de resucitación dotada dunha cánula que evita que se pechen as vías respiratorias e que, en conxunto, ten un custo que non chega aos 40 €.

 

También te puede interesar