Vigo al minuto

As Illas Atlánticas, protagonistas…tamén este mes

O Parque Nacional das Illas Atlánticas será o protagonista, este mes, dunha serie de actividades co obxectivo de divulgar a súa flora e fauna, así como a importancia da súa conservación: o edificio Cambón acollerá dúas exposicións: ‘Lenzos da natureza’ e ‘Unha ollada ás túas illas’; ademáis, ao longo da semana que ven, os nenos poderán acudir a unha exposición divulgativa sobre zonas húmidas, que coincide coa semana mundial da conmemoración destes espazos naturais. O 19 de febreiro, será a entrega de premios tanto do II Concurso de fotografía como do I Concurso de relatos do parque nacional.

A elo súmase o feito de que o parque tamén programou dúas rutas de inverno para dar a coñecer os trazos máis característicos dos arquipélagos, así como fomentar a importancia do seu coidado:  o día 14 de febreiro haberá unha visita ás Cíes, mentres que o 22 será a Sálvora. Tamén este mes, este parque nacional recibirá a visita de varios colexios, como o Mestre Martínez Alonso, de Mos.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.