Destacados Vigo al minuto

Carlos Font devolve a pelota da ‘Cidade da Xustiza’ á Xunta

juez O concelleiro de xestión municipal, Carlos Font, reafirmou a vontade do Concello para que o proxecto da Cidade da Xustiza sexa unha realidade o antes posible. “Dende o Concello queremos a Cidade da Xustiza para Vigo pero é o Conselleiro de Presidencia o que debe trasladarnos de xeito inequívoco qué é o que pretende facer, cal é o seu proxecto e qué é o que demanda do Concello de Vigo”.

En resposta ás declaracións realizadas está mañá polo Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda, sobre a tardanza na concesión dos terreos para construción da Cidade da Xustiza en Vigo, Carlos Font afirmou que “a posición do Alcalde é inequívoca, estamos a favor da cidade da Xustiza e estamos a favor de colaborar na concesión dos terreos” pero lamentou que, ata o momento, a Consellería de Presidencia non comunicase ao Concello as necesidades para a construción da Cidade da Xustiza.

  • Falta de apoio da Xunta ao proxecto

O concelleiro defendeu que o Goberno de Vigo, co seu Alcalde á cabeza, sempre pediu a instalación do Xulgado do Mercantil na cidade e declarou que “si se acada, será grazas ao apoio recibido dende o Ministerio de Xustiza, dende o Tribunal Superior de Xustiza e ás xestións efectivas realizadas polo Alcalde, Abel Caballero. Da Consellería de Presidencia non obtivemos o apoio que necesitábamos” remarcou.

  • Discordancia de criterio

Nas súas declaracións o concelleiro socialista tamén solicitou ao grupo popular do Concello de Vigo que “defina a súa postura” sobre este tema, “que dunha vez por todas aclaren qué é o  que realmente queren”. Font afirmou que os populares defenden unha postura no Concello contraria á Xunta.

Así,  lembrou que os populares vigueses nunha moción levada a un pleno do Concello de Vigo, solicitaban a supramunicipalidade dos terreos para a Cidade da Xustiza. O concelleiro asegurou que en caso de que agora ésta non sexa a súa postura “deberían rectificar no pleno”.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.