Galicia

Galicia, en alerta amarela por ondas de máis de 4 metros

Según MeteoGalicia, a xornada está caracterizada por ondas de mar de fondo que superarán os 4 metros. O nivel amarelo mantense o luns por vento en mar, con intervalos de f0rza 7 no sudoeste, e 8, no litoral atlántico.

O domingo haberá ceos nubosos, con chuvascos intermitentes máis frecuentes ao norte e oeste de Galicia. Os ventos soprarán do noroeste, moderados no litoral e frouxos no interior. Para o luns empeora o clima, con maior nubosidade e precipitacións intensas, canto máis ao oeste da comunidade galega.

Durante a xornada de hoxe, as temperaturas sufrirán un descenso nas mínimas, oscilando dos 5º en Lugo ata os 9º en Vigo. Nas máximas, igualadas a 14º na maioría das provincias, menos en Lugo con 11º.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.