Cultura Vigo al minuto

Galicia perde a xornalista e escritora Begoña Caamaño

A xornalista e escritota Begoña Caamaño, compañeira dos servizos informativos da Radio Galega, faleceu este luns, vítima cun cancro.

Incorporouse á cadea no ano 1989 na delegación de Vigo, e catro anos despois pasou á redacción central en Santiago. Estivo sempre vinculada ás seccións de cultura e sociedade e dirixiu e presentou programas como «Trécola», «Andando a Terra», «Club Cultura» ou o «Expreso de Medianoite».

Begoña, foi autora, tamén, das novelas «Circe e o pracer do azul» e «Morgana en Esmelle», que recibiu o Premio da Crítica Española e o Premio da Asociación de Escritores en Lingua galega.

Comprometida cos dereitos dos traballadores, Begoña, militou activamente no movemento sindical e chegou a ser presidenta do Comité Interempresas da Radiotelevisión de Galicia.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.