Galicia

So 7 de cada 100 parados galegos de longa duración atopou traballo no segundo trimestre deste ano

Só un 7% dos desempregados de longa duración en Galicia atopou traballo no segundo trimestre deste ano, segundo se recolle nun informe elaborado por Asempleo e Analistas Financeiros Internacionais.

Dacordo cos datos do segundo semestre deste 2014, en Galicia hai 171.900 parados de longa duración, o 60,5% do total de desempregados. Segundo recolle este estudio, este número aumentou un 625% dende o inicio da crise -o terceiro trimestre de 2007-, é decir, 148.200 parados de longa duración máis, que levan buscando emprego dende hai máis dun ano, sen éxito.

Elo débese a que dende o inicio da crise a probabilidade de atopar en Galicia emprego sendo un parado de longa duración era un 17,8%, máis do dobre que na actualidade (7%). «As comunidades con maior proporción de parados de longa duración son tamén as que soportan as probabilidades de transición máis baixas, o que alonga a súa xa dilatada permanencia no desemprego e cronifica, aínda máis este problema», remarca o estudio.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.