Comarcas

Instalan unha escultura adicada á Virxe do Carme de 4,5 toneladas de peso en Redondela

Na Praia de Cesantes instalouse unha peza escultórica adicada á Virxe do Carme cun peso de 4.500 kilos, en homenaxe ás xentes do mar. A inauguración da imaxe no municipio redondelán será mañá con motivo da festividade da patrona mariñeira.

A peza elaborada pola Escola de Canteiros de Pontevedra, está realizada en granito silvestre cunhas dimensións de 2,70 metros de alto, 1,20 metros de ancho e 0,70 metros de fondo. A escultura formará parte dun conxunto escultórico en unión coa Virxe do Carme en madeira, que se ubica no mesmo areal.

A nova imaxe contou con axudas da Deputación de Pontevedra e da comisión de festas da Virxe do Carme de Cesantes, para consagrala como un símbolo das súas festas tradicionais e un reclamo turístico dos visitantes na zona.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.