O BNG organiza este sábado unha caravana reivindicativa para denunciar «o abuso que supoñen en Galicia as altas peaxes» e co obxectivo de reclamar «o progresivo abaratamento ata chegar á gratuidad polo seu uso».
A caravana vai tomar a AP-9 en dirección a Coruña en Guísamo. Nela participarán 35 vehículos con militantes, cargos institucionais e concelleiros do Bloque. O punto de encontro será no aparcamento do Mesón Os Pacos, ás 12 e media. Dende alí entrará na autoestrada, circulará e pagará en man nas cabinas de peaxe.
O acto, segundo explican os nacionalistas, vai ter «dimensión nacional», e noutras bisbarras farase o mesmo.
