Comarcas Vigo al minuto

Afectados polas Preferentes do Baixo Miño teñen que facer fronte a máis de 16.000 € en multas por «pedir o que é noso»

Os Afectados polas Preferentes do Baixo Miño estarán no Pleno do Concello de Tui, o xoves que ven, para esixir explicacións ao alcalde, Moisés Rodríguez, ante as multas a varios dos integrantes da plataforma por manifestarse “pedindo que lles devolvan os seus cartos”.

Segundo o voceiro dos afectados, o montante total das sancións supera os 16.000 € e, lembrou, «Rodríguez comprometeuse a facerlle fronte ás mesmas».

Onte os afectados estiveron no Pleno do Concello de O Rosal polo mesmo motivo e, pola tarde, celebraron unha asamblea na que adiantaron que agardan que milleiros de personas se sumen á manifestación convocada en Vigo o vindeiro sábado, 1 de febreiro.

Xulio Vicente agarda a solución do presidente de Banesco, Juan Carlos Escotet ainda que, avisou que si non é así, volverán ás mobilizacións, “e con máis forza” porque, subliñou, “non imos permitir que nos engañen de novo”, ao tempo que lembrou que non teñen resposta de Escotet á súa petición de mantes unha entrevista, algo que calificou de “moi pouco esperanzador”.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.