Comarcas

A conselleira de Sanidade advirte que empeza a «onda epidémica» da gripe

A conselleira de Sanidade advertiu este luns que en Galicia «está agora a empezar a onda epidémica» de gripe e lembrou que aínda está dispoñible a vacina para os pacientes que a soliciten.

Rocío Mosquera, médico de profesión, avogou pola «vacinación« e, salientou que os casos que se están a dar en Aragón de Gripe A son “precisamente, de persoas que non estaban vacinadas, son pacientes de risco».

«Todos aqueles pacientes de risco que se queiran vacinar poden seguir facéndoo en todos os centros de saúde. Aínda está a vacina dispoñible. Eu recomendo que acudan a vacinarse porque é unha garantía para todos estes pacientes», concluiu a conselleira.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.