Comarcas

O BNG de As Neves pedirá ao Pleno que defenda aos veciños que emigraron e que teñen que pagar multas a Facenda e aos que teñen que asumir o copago dos comedores escolares

Xosé Manuel Rodríguez, voceiro do BNG no Concello de As Neves/Tresyuno Comunicación

O grupo municipal do BNG no Concello de As Neves, presentará oito mocións no Pleno da Corporación, convocado este luns, día 25, ás 10 da mañá.

Entre elas, cumpre salientar o apoio ás personas que reciben pensións de estados estranxeiros, como moitos/as veciños/as de As Neves, que emigraron e que cobran unha pensión doutros países. Gran parte deles/las están recibindo requerimentos da Axencia Tributaria para que acrediten as cantidades recibidas como pensión dende 2008 para que procedan á súa ‘regularización’ na declaración da renda.

A realidade é que “ningún deles recibiu xamais información en relación coa obriga de declarar as devanditas pensións e, como é evidente, nunca tiveron intención de defraudar á Facenda”. Isto, ao non haber vontade de non cumprir coa lei, sería xa un argumento de peso para solicitar a eliminación das sancións que está a comunicar a Axencia Tributaria, sancións que “deberían ter en conta que en moitos dos casos destos veciños/ a veciñas- nun gran número atrapadas xa pola venda de Preferentes ou con ingresos cativos – suponen custos moi elevados para que poidan asumilos”.

Ademáis, o BNG, instará á revisión do ‘copago’ dos comedores escolares, imposto pola Consellería de Educación, que aprobou que os/as fillos/fillas de familias nas que os ingresos sexan de 1.001 € ao mes deixen ter dereito a xantar gratuito. “A medida supón unha media de gasto por familia de máis de 700 € ao ano –custo que deben de asumir as unidades familiares máis desfavorecidas e con me os ingresos”– e, implica una reduzón de preto do 32% dos alumnos/as que tiñan dereito a comedor gratuito e que, únicamente, implica un ‘aforro’ menor de 2 millóns de euros anuais aos gastos da consellería, “prácticamente a metade dos 3 millóns das subvencións que Educación destiña a centros privados que segregan @s alumn@s separándol@s en nenos e nenas”.

Ademáis, o BNG instará á Corporación ao mantemento dos xulgados de Paz e da gratuidade dos rexistros civis como xeito de manter á Administración de Xustiza preto dos veciños e rebeixar os custos de acceso ao dereito a tutela xudicial. Coa reforma aprobada polo Goberno do Estado, “privatizaranse, de feito, os Rexistros Civís” que pasarán a mans de notarios e rexistradores que cobrarán ate 30 € por unha simple certificación de matrimonio ou necemento, trámites que terán que pagar os/as cidadáns á marxe dos seus ingresos. Ademáis, a eliminación dos xulgados de Paz, obrigará aos veciños e veciñas dos concellos que se queden sen os mesmos a desprazarse a aqueles que teñan xulgados de primeira instancia, incrementando, os custos por exercer o dereito á xustiza- custos que xa se viron aumentados co chamado ‘Tasazo’ –“poñendo un exemplo práctico, unha familia cuns ingresos de 1.100 € ao mes que quixese reclamar unha indemnización por unha neglixencia médica, para poder facelo tería que abonar esa mesma cantidade en concepto de taxas sudicias, á marxe das minutas de avogado e procurador e as percepcións dun perito-“.

 

También te puede interesar