Galicia

A sentenza do ‘Prestige’ que coñecerase o día 13, fará oficial que ninguén pagará polo desastre

A sentenza pola catástrofe marítima do ‘Prestige’ coñecerase o próximo 13 de novembro, 11 anos despois do sinistro e case catro meses despois de que concluíse o xuízo, segundo informou este mércores o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), onde terá lugar a lectura do fallo.

A sala,presidida polo maxistrado da Audiencia Provincial de A Coruña Juan Luís Pía, escolleu para dar a coñecer o fallo o mesmo día no que se produciu o sinistro, que provocou unha marea negra de petróleo que alcanzou ás costas de Galicia.

Ese día, coñeceranse as penas contra tres dos catro acusados, o capitán do ‘Prestige’, Apostolos Mangouras; o xefe de máquinas, Nikolaos Argyropoulos, e o exdirector xeral da Mariña Mercante, José Luis López Sors. O cuarto acusado, o primeiro oficial, Ireneo Maloto, non chegou a ser xulgado, nunha vista que se prolongou durante nove meses, ao atoparse en paradoiro descoñecido.

Todos eles se enfrontan a penas de cárcere que oscilan entre os 5 e os 12 anos por delitos contra os recursos naturais e o medioambiente. A maior pena foi solicitada pola Fiscalía para Mangouras aindq que, na lectura das súas conclusións definitivas, reclamou que o capitán do ‘Prestige’, de 78 anos, non ingresase en prisión, onde estivo durante tres meses de xeito preventivo.

No proceso, figuran, como responsables civís directos, a aseguradora The London Steam-Ship Owners Mutual Insurance Association Limited e o Fondo Internacional de Indemnización de Danos debidos á Contaminación por Hidrocarburos (Fidac).

Como responsables civís subsidiarios as entidades Mare Shipping Inc, Universe Maritime LTD e o Estado Español. En concepto de responsabilidade civil, o Ministerio Público reclama 4.328 millóns de euros de indemnizacións polos danos derivados da marea negra.

O 13 de novembro de 2002 o petroleiro, con 27 tripulantes, atopábase navegando a unhas 28 millas de Fisterra con 77.000 toneladas de fuel, das que verqueu máis de 60.000 toneladas, provocando un dos maiores sinistros marítimos da historia.

Cando se coñeceu que o barco estaba botando petróleo ao mar, o Goberno español optou por afastar da costa o barco, que estivo escoltado pola Armada e ao que se prohibiu atracar en calquera porto español. Finalmente, o 19 de novembro de 2002, o ‘Prestige’ afundiuse.

Nin un so dos máximos responsables políticos que xestionaron aquela situación responderán polas súas decisións. Ao contrario: todos eles ascenderon na súa carreira política e, máis dunha década despois de que o chapapote chegase ás praias, dirixen as máis altas instancias do Estado.

Novas relacionadas: O capitán do ‘Prestige’ culpa ás autoridades marítimas de tomar decisións equivocadas. O capitán do ‘Prestige’ viu ferruxe no tanque de petróleo e a armadora sabiao. Mangouras, «estabilizamos o barco para levalo a porto, non a alta mar». O capitán do ‘Prestige’ teima, «alonxar o barco foi a peor das decisións posibles». López Sors, «ordenei alonxar o ‘Prestige’ porque pareceume mellos que se afundise lonxde da costa».López Sors, «sabiamos que a mar iría lavando o fuel».O director xeral da mariña mercante repite que o desastre do ‘Prestige’ foi culpa do seu capitán.O ex capitán marítimo de A Coruña di que hoxe faría o mesmo que cando afundiuse o barco en 2002. Un directivo da empresa de rescate do ‘Prestige’ declara que Fernández de Mesa insistiu en que o barco se alonxase da costa. Fernández de Mesa, «eu non tiña capacidade para decidir nada durante a catástrofe do ‘Prestige'». Álvarez Cascos, «a xestión do ‘Prestige’ foi a máis axeitada». Un perito cre que alonxar o buque triplicou os danos. «O Goberno actuou co ‘Prestige’ coma unha avestruz que mete a cabeza na area».Segundo un perito, o ‘Prestige’ foi golpeado por unha ‘onda brutal’.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.