Vigo al minuto

O BNG reclama ao alcalde que axilice as bolsas de comedor porque xa empezou o curso

O grupo municipal do BNG reclamou este luns ao goberno local que axilice a tramitación do programa de bolsas de comedor, xa que «o curso xa comezou e aínda non está resolta a convocatoria”.

Os nacionalistas lembraron que «está moi ben destinar moito diñeiro a bolsas para escolares, pero é inadmisible que as axudas non estean xa resoltas». Iolanda Veloso lamentou que moitos país optasen por no levar aos seus fillos aos comedores escolares “porque non poden págalo e non saben se van disponer desa bolsa”.

A voceira do BNG engadiu que “non só hai que ter diñeiro, senón tamén xestionalo axeitadamente», e subliñou que a partida presupostaria para bolsas de comedor foi unha das emendas incluídas no documento presupostario a iniciativa do Bloque.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.