Galicia

Milleiros de personas manifestanse en Compostela ‘pola soberanía’

Baixo o lema ‘Galiza pola soberanía’, milleiros de personas acudiron á convocatoria do BNG, para de esixir nas rúas de Compostela a soberanía  e un cambio de rumbo nas políticas que aplica a Xunta e que, como salientaron os responsables do Bloque, “levan a unha situación límite, no económico e no social”.

“Agardamos que hoxe sexa io punto de inflexión para modificar o rumbo de Galiza e cambiar, radicalmente, as políticas que aplica neste país o Partido Popular”, indicou o voceiro nacional da formación nacionalista, Xabier Vence. Os participantes acusaron ao PP de corrupto, “por cobrar sobresoldos e gobernar entregando o país aos grupos empresariales e financieiros de Madrid que financiaron o partido de xeiro ilegal”.

Vence sinalou que é «absolutamente necesario cambiar radicalmente as políticas que vén aplicando o Partido Popular tanto en Madrid coma na Xunta, que levan ao país a unha situación límite tanto no económico coma no social», cun «23 por cento de paro e 92.000 fogares con todos os activos parados».  Para o voceiro do BNG “a sociedade galega está absolutamente indignada con esta situación e o que ten é que converter ese cabreo nunha mobilización de todo o país para construír un futuro diferente con políticas que respondan aos intereses de Galicia».

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.