Vigo al minuto

O novo hospital será cinco veces o xeral e estará rematado en 2015

Feijóo xunto coa conselleira de Sanidade na visita ao novo hospital/Tresyuno Comunicación

O novo hospital de Vigo será público, terá as dimensións previstas no proxecto inicial, non costará máis do presupostado e estará rematado esta lexislatura – previsiblemente no ano 2015 –. Estas son as principais conclusións da visita do presidente da Xunta ao hospital, dacordo co afirmado polo propio Feijóo quen salientou que “cumprimos o noso compromiso e en tempo de crise”.

Feijóo co director da empresa constructora/Tresyuno Comunicación

O presidente – acrararon fontes da Xunta – rexeitou dar unha data concreta de finalización e posta en marcha porque ainda está pendente a acometida eléctrica, que ainda non se dilicidou si debe ser a cargo do Concello – algo que xa rexeitou o alcalde – ou do goberno galego.

Feijóo estivo acompañado de varios alcaldes como o de Redondela/Tresyuno Comunicación

Feijóo lembrou que o novo hospital terá unha superficie construida de 285.000 metros cadrados , “cinco veces o hospital xeral” e que disporá de 1.500 camas, 160 salas de consulta, 62 salas de diagnóstico por imaxe e 35 quirófanos o que faran del un centro na «vangarda tecnolóxica», poñendo a Vigo “entre as zonas máis importantes do Estado en prestacións sanitarias”.

Feijóo co xefe de seguridade/Tresyuno Comunicación

Para que as obras estén rematadas a tempo, traballarán nas mesmas 550 personas diarias, que poden chegar ao dobre en momentos puntuais, ademáis, dende o mes que ven “engadirase unha nova quenda de traballo, nocturno”, co cal a construcción non parará nas 24 horas do día.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.