Galicia

3.000 traballadores de Navantia e do Naval ferrolán percorren a pé 20 quilómetros para demandar solucións

3.000 traballadores de Navantia Ferrol e Fene e de empresas auxiliares do naval, iniciaron ás 11 e media deste xoves unha marcha reivindicativa de máis de 20 quilómetros polos concellos da ría ferrolana para esixir ao Goberno, á Xunta e á empresa carga de traballo,  explicacións sobre o flotel para Pemex e a construción do dique flotante.

A marcha iniciouse na porta do estaleiro e percorrer os concellos de Fene, Narón e Neda. O comité de empresa, que manifestou o seu apoio e solidariedade aos traballadores dos estaleiros privados, reclamou ao Goberno que «esixa en Bruxelas solucións para a construción do dique flotante para Navantia Ferrol e para a problemática do ‘tax lease’”.

Os traballadores do sector naval de Ferrol, tras dous anos de mobilizacións, advirten de que a carga de traballo actual no estaleiro, coa construción do segundo ALHD para Australia, rematará  despois do verán, e denuncian que o flotel para Pemex carece de data concreta de inicio nove meses despois do anuncio realizado pola Xunta “antes das eleccións autonómicas”.

O presidente do comité de Navantia Ferrol, asegurou que «as incertezas aumentan mentres se perden postos de emprego», en concreto preto de 2.500 nas empresas auxiliares, so no último ano e medio.

Os traballadores, que que pararon a xantar ás 2 da tarde, percorreron os concellos da ría cortando o tráfico e cunha pancarta na que se denunciaban que «17.000 postos de emprego están en xogo», e salientaron que «se hai que ir a Madrid irase».

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.