Vigo al minuto

Este venres, noite de compras polo centro

O próximo venres 7 de xuño, 21 comercios do centro de Vigo abrirán as súas portas ata a medianoite con descontos especiais. Así o avanzou hoxe martes o alcalde durante unha rolda de prensa cos organizadores da iniciativa, a asociación comercial Centro Príncipe.

Caballero, quen dixo que «prefiro o Príncipe que a Quinta Avenida», animou a toda a cidanía a achegarse ás rúas Príncipe e Urzáiz durante o ‘Vigo Shopping Night’ xa que contarán con actividades lúdicas desde as 7 da tarde ás 2 da mañá, como terrazas, ambientación musical, bailes de salón, moderno e contemporáneo, ademais de aperitivos e cocktails.

Pola súa banda, o presidente de Centro Príncipe, Cándido Rial, trasladou a súa ilusión na posta en marcha de Vigo Shopping Night porque «é algo novo e creemos que pode ter moito impacto». Entre as iniciativas que salientou ,mencionou a entrega de vales de compras de 20 €, a posibilidade de obter entradas para o concertó que Pablo Alborán dará en Vigo, entradas para un restaurante- espectáculo en Sanxenxo ou horas de parking gratis. Ademási, selando un ‘pasaporte’, que pode obterse entrando na web www,vigoshoppingnight.com, o na propia rúa Príncipe, “particípase no sorteo de varios premios, polo cal, cantos máis selos máis posibilidades de gañar”.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.