Cultura

Pesar en Esquerda Unida polo pasamento de Luisa Fernández

O coordenador local de Esquerda Unida de Vigo lamentou este sábado o falecemento de Luisa Fernández, candidata á Alcaldía por EU no ano 2007 e, como subliña Rubén Pérez, “figura referencial de moitos movementos sociais de Vigo nos que participou activamente”, como os Comités anti-sida; o IMAN ou a Marcha Mundial das Mulleres.

Pérez sinala que “Luisa ensinounos a toda unha xeración de mozos e mozas que nos incorporáramos á militancia política nos 90 que esta non tiña sentido sen unha interlocución sinceira e activa co tecido social”. Mestra de profesión, dentro de Esquerda Unida era considera da, tamén, mestra, tamén, de todos os homes e mulleres de EU na “vontade de buscar espazos comúns para todos as forzas de esquerda da cidade foron sen dúbida o mellor dos piares que ela nos deixou e que hoxe fortalecen o proxecto da esquerda transformadora de Vigo».

Luisa Fernández, natural de Monforte, residía en Vigo dende o ano 79. Militou no PC dende o ano 72 e en Esquerda Unida dende a sua formación. Foi militante activa no colectivo vigués antisida (IMAN) e no movemento feminista, nomeadamente no Colectivo Violeta e na Marcha Mundial das Mulleres e membro  da Asociación de axuda ós presos Concepción Arenal.

Rubén Pérez lembra o “compromiso militante de Luisa”, que en tempos difíciles para a organización “non dubidou en aceptar ser cabeza de lista de na municipais de 2007 en Vigo cando a organización solicitoullo”.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.