Vigo al minuto

Caballero adianta que pronto se investirán os 6 millóns de superávit de 2012 en humanizacións

O alcalde salientou este luns, nunha visita as obras de mellora da rúa Brasil, que axiña  se aprobará o gasto dos 6 millóns de euros que o Concello tivo de superávit o ano pasado e indicou que estes fondos se destinarán «masivamente» a humanizacións de rúas.

Abel Caballero tamén indicou que “xa están en marcha ou pendentes de inicio» humanizacións por valor de 22 millóns de euros, en zonas como o Paseo Paz Andrade en Bouzas, en Canceleiro, Camelias, Serafín Avendaño, Tomás Alonso, Areal, Pontevedra, Moaña, Marqués de Valterra, Hispanidad e Baixada a Mestre Chané, entre outras., “hai actuacións iniciadas xa en tódalas parroquias» concluiu.

Para o alcalde as humanizacións xeneran emprego e actividade económica e cumpren “reclamacións de todos os lugares da cidade, ainda que se opoñan a elas o PP e o Bloque”. En concreto, na rúa Brasil, sinalou, estase a acyuar sobre un total de 500 metros grazas a unha inversión de preto de 2 millóns de euros.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.