'Qué te cuentas?'

O BNG de Cambre propón cambiar a foto oficial do Rei no Concello pola que sae cazando elefantes

O grupo municipal do Bloque en Cambre propuxo, hai varios días, que fose retirada a foto do Rei que preside os plenos do concello. O goberno local non o aceptou alegando que tiña que haber unha fotografía do Xefe do Estado en lugar destacado. Foi nese intre cando a un dos concelleiros nacionalistas, aceptando que tiña que ser así, presentou, no rexistro municipal, unha solicitude para que o retrato de Xoan Carlos I se actualizase, porque o actual é de cando Urdangarín estaba en Primaria.

Entón, Daniel Carballada adxuntou, xunto coa súa proposta unha fotografía do Rei cazando en Botsuana. Carballada sinalou que así, ademáis de actualizar o retrato oficial, “denunciamos, con ironía, a  a situación da monarquía”. Parece ser que o concelleiro declarou o seu amor pola ‘real-eza’, comentando que xa que hai que poñer unha real foto, a lo menos que sexa unha foto real.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.