Vigo al minuto

O BNG á Deputación: «que corrixa as bases dos campamentos que discrimina á diversidade funcional»

A portavoz municipal do BNG, Iolanda Veloso, reclamou hoxe á Deputación de Pontevedra que solucione «xa» a «discriminación de nenos e nenas con diversidade funcional» que na súa opinión están plasmadas nas bases dos campamentos que organiza este organismo. «Que se calen e deixen de ofender ás familias afectadas», esixiu.

A tamén deputada provincial asegurou que hai «multitude de familias ofendidas debido a esta exclusión» e que calquera pode comprobar vendo a páxina web da Deputación provincial. «Dicir que os nenos e nenas con discapacidade non poden ir ás tendas de campaña que se utilizan nos campamentos son escusas de mal pagador e ofensivas para moitas familias», sinalou Veloso.

A portavoz municipal nacionalista instou á institución provincial a «que deixe de xustificar o inxustificable, porque se os nenos e nenas non poden ir aos campamentos de A Lanzada ou de Príncipe Felipe é simplemente porque non os deixan, tal e como pon claramente na convocatoria».

Sobre as chamadas telefónicas das persoas interesadas como método para poder participar nos campamentos deste organismo, Veloso destacou que «só fai confirmar o que pensa o BNG sobre a Deputación de Pontevedra, que é unha institución caciquil ao servizo do PP».

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.