Galicia

O avogado vigués Fabián Valero entregará este luns, en Madrid, 170.000 sinaturas contra o ‘tasazo’

Este home é Fabián Valero, é un abogado de Vigo, voceiro do colectivo ‘Avogados Novos’, e este luns entregará no rexistro do Ministerio de Xustiza, as 170.000 sinaturas que reuniu a través da plataforma on line change.org para pedir que se derrogue a Lei de Taxas Xudiciais.

O pasado 5 de xaneiro, Valero puxo en marcha unha campaña de recollida de sinaturas  en contra do coñecido como ‘tasazo’. Nesta iniciativa, o avogado vigués advertía de que a lei consagra «unha xustiza para os ricos e outra para o resto dos cidadáns» ao tempo que denuncia que a mesma “é unha barreira económica que privará millóns de cidadáns do acceso á xustiza, o que vulnera dereitos constitucionais”.

Valero subliña na súa petición, que podes consultar premendo aquí, que o’Tasazo’ alentará “graves desigualdades», colocando no mesmo plano aos que cualifica de ‘grandes consumidores de Xustiza’, “que a utilizan con fins lucrativos” e os cidadáns que recurren “contadas veces a ela para  defender dereitos básicos e lexítimos”.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.