Galicia Vigo al minuto

Se queres ir a estudar fóra, esta é a túa oportunidade

inglesPasar un verán lonxe de casa aprendendo a falar ‘raro’ está nas túas mans. A Consellería de Educación acaba de convocar 3.077 axudas para alumnos de centros educativos sostidos con fondos públicos para realizar actividades de inmersión lingüística desde a última semana do mes de xuño ata finais de agosto de 2010.

A Consellería corre cos gastos da viaxe desde o punto de saída dos distintos grupos, coa excepción de 6º de educación primaria; co soldo dos monitores que acompañarán o alumnado durante todo o verán; cos gastos de docencia e o material escolar; coas actividades culturais, deportivas e complementarias dos cursos; cos gastos de mantenza e aloxamento; co certificado de realización da actividade e co seguro de accidentes e de responsabilidade civil.

Quén pode pedir esta bolsa?

Un dos requisitos é estar cursando 6º de Educación Primaria, calquera curso de ESO ou Bacharelato en centros sostidos con fondos públicos que impartan ensinanzas de réxime xeral durante o curso 2009-2010 en Galicia e non ser beneficiario dunha axuda para actividades de inmersión lingüística nos dous anos anteriores.

Se queres marchar tes que ser aplicado e aprobar todas as materias do curso 2008-2009 cun mínimo de ben ou de 6, segundo o curso, na lingua estranxeira que se vai perfeccionar na estadía e non ter concedida neste curso académico outra axuda coa mesma finalidade.

Como pedilo

Os que queiran optar á axuda deberán completar o formulario electrónico de solicitude on-line en función do curso en que estean matriculados. Unha vez cubertos estes formularios, rexistrarase a solicitude, imprimirase e será asinada polo solicitante e polo director do centro educativo onde cursa estudos o alumno. Posteriormente, e sempre antes de que remate o prazo, presentarán esa mesma solicitude e os anexos impresos, debidamente asinados, así como a documentación complementaria necesaria, na oficina de rexistro único e información ou ben por calquera dos procedementos establecidos. Se a solicitude se remite por correo, será necesaria a súa presentación en sobre aberto para que o funcionario de correos poida facer constar o selo e a data antes de proceder á súa certificación postal.

O prazo de presentación de solicitudes será ata o 11 de marzo e nos criterios de selección valorarase a nota media do expediente académico do ano anterior. As listas definitivas, na web da Xunta, con seleccionados e suplentes, así como destinos e datas das estadías. Tes máis información no DOG do 11 de febreiro.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.