'Qué te cuentas?'

Decir “manda carallo” nunha demanda laboral é constitucional

O Tribunal Constitucional ven de amparar nunha sentenza a inclusión da expresión “manda carallo” nas demandas laboráis e descarta que non hai ningunha lei que impide que se empregue. No caso examinado polo Constitucional, un arquitecto demandou á súa empresa salientando que “á carta (da súa compañía) paréceme insustacial, valeira de contido, manda carallo. Se non se pon unha parte de humor, nin de retranca, un penduraríase dunha árbore ante o drama e a traxedia que implica todo despido”.

O Constitucional sinala que, neste asunto, non hai risco de lesionar a libertade de expresión, e que a lei procesal aplicable non indica coma motivo de inadmisión da demanda o uso de expresións “inxuriosas ou poco respetosas”.

O alto tribunal vai máis alá e sinala que a autoridade xudicial violou o dereito á tutela xudicial efectiva do arquitecto, impedindolle o aceso á xurisdición “sen artellar causa legal algunha”,con independenza de que o uso de expresións vulgares ou insultantes poden derivar nunha sanción.

O arquitecto, Jorge Gómez, presentou o 29 de marzo de 2011 unha demanda contra un grupo de personas, físicas e xurídicas, ás que reclamaba 2.375 € por sete días de traballo, non cobrados, e 18 días de vacacións, non disfrutados. En resposta, o secretario xudicial requeriulle para que en catro días eliminase “as expresións coloquiais e impropias” do seu escrito advertindolle que “a súa actitude pode depararlle unha multa e o arquivo das actuacións”. Gómez respostou que o estilo e a redacción” do seu escrito estaban dentro do “exercicio lexítimo” dos dereitos á libertade de expresión, opinión e de defensa.

O Xulgado do Social de Ourense rexeitou a demanda xa que, “o recurrente repetiu a redacción orixinal”, e o xuiz asegurou que “de ningún modo podo pasar por alto a expresión manda carallo”.

Agora o Constitucional considera que non admitir a demanda por “expresións inapropiadas, sitúase fora da lexislación procesal aplicable” e engade que os xuices incurriron nunha “arbitrariedade ao non admitir a demanda con bases que non teñen fundamento legal algún”.

 

También te puede interesar