Sucesos

Salvamento Marítimo leva a porto a un pesqueiro que quedou á deriva preto de Camariñas

Unha embarcación de Salvamento Marítimo remolcou na mañá deste mércores ata o porto coruñés de Camariñas a un pesqueiro que atopaba á deriva ao quedarlle un cabo enguedellado na hélice.

Segundo fontes de Salvamento, preto das 5 da mañán, recibiron o aviso para remolcar o pesqueiro de nome ‘Nova Madre Antonia’. A embarcación atopábase á deriva, tras enredarse un cabo na hélice, con tres tripulantes a bordo a 2,5 millas de Beo, segundo indicaron as mesmas fontes.

Axiña,o  centro de Salvamento de Fisterra, que coordinou a incidencia, mobilizou á embarcación ‘Salvamar Altair‘, que remolcou ao pesqueiro a porto.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.