Galicia

Os mariñeiros de Mauritania, continuarán pechados no Concello de Marín, outra noite máis

Os mariñeiros  de Mauritania que levan pechados no Concello de Marín dende o luns, decidiron prolongar un día máis o seu peche e pasarán unha nova noite no salón de plenos do edificio municipal. Estes homes e mulleres esixen aos responsábeis políticos que cumpran os acordos pactados, e que os afectados polo peche deste caladeiro reciban as axudas comprometidas, ao tempo que piden unha nova negociación para que os barcos poidan volver a unhas augas nas que levaban pescando décadas.

“Para que os cidadáns poidan apoiar as nosas reivindicacións”, teñen convocada unha manifestación que percorrerá as rúas de Marín este venres, día 14 a a partir das 8 e media da tarde.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.