Destacados Vigo al minuto

O galego integrará aos inmigrantes nunhas xornadas

Presentación das xornadas.
Presentación das xornadas.

As concelleiras de Benestar Social, María Méndez, e Normalización Lingüística, Iolanda Veloso,

presentaron as xornadas «Compartimos unha cidade. Compartamos as nosas linguas», que se desenvolverán os días 2, 9 e 23 de febreiro e o 2 de marzo no auditorio da rúa Areal de 17 a 20 horas. As concelleiras nacionalistas salientaron que o obxectivo desta iniciativa é coñecer a realidade lingüística de Vigo e Galiza e artellar camiños para a integración das persoas inmigrantes na nosa cidade.

 María Méndez explicou que as xornadas se enmarcan no programa «En galego tamén noutros mundos», que se desenvolve dende o segundo trimestre de 2009 e ata xuño de 2010. A concelleira de Benestar Social sinalou que a integración das persoas que veñen doutros lugares é tamén o obxectivo do I Plan de Integración de Vigo. «Non se trata de impoñer a nosa cultura, senón de coñecer a deles para fomentar a integración», salientou.

Iolanda Veloso indicou que nas xornadas «Compartimos unha cidade. Compartamos as nosas linguas» participarán persoas de distintas linguas inicias, polo que ao seu xuízo é preciso «utilizar a lingua dun xeito integrador».

Respecto á xornada do día 2 de febreiro, a concelleira de Normalización Lingüística, indicou que estará adicada ao coñecemento da realidade lingüística de Vigo e Galiza e dun modelo integrador como é o de Burela. Participarán o profesor da Universidade de Vigo Henrique Costas e o coordinador do modelo de planificación lingüística de Burela, Bernardo Penabade. O 9 de febreiro centrarase na posta en común da realidade dos organismos e persoas que traballan no eido da inmigración e participarán docentes do CEIP A Dobrada, o presidente da asociación Galicia Acolle Antonio Cepeda, e a coordinadora técnica do Plan Comunitario de Teis, Genoveva Cordeiro.

O 23 de febreiro adicarase á experiencia das persoas inmigrantes en Galiza, polo que participarán a mediadora intercultural na oficina de inmigración, Marcela Dambrosia, a vicepresidenta da asociación Abriga, Marlene Ventín, o membro de Aida, Pepin Tshisamb Diur Kaj, e o receptor directo do modelo Burela, Long Long You Zu. Finamente, o 2 de marzo poñeranse enriba da mesa os distintos vieiros de actuación para acadar a integración, de xeito que a mesa redonda contará coa representante das asociacións de inmigrantes no Consello Social da Lingua do Concello de Vigo, Susana Forero, o técnico de Inmigración da CIG en Vigo Anxo Igrexas, a técnica de normalización lingüística do Concello de Ames, Rosa Moreiras e responsables do programa de integración de inmigrantes do Concello de Vilaboa.

As concelleiras nacionalistas salientaron a boa acollida que están a ter os cursos de formador de formadores que organiza o Concello de Vigo para formar persoas que poidan dar clase de galego aos inmigrantes. Ao respecto sinalaron que no mes de xaneiro 23 persoas participaron no curso e en febreiro.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.