Vigo al minuto

Potencian o Camiño de Santiago que levan dentro de xeito bonito e barato

Octavio Rodríguez é un dos participantes na iniciativa.
Octavio Rodríguez é un dos participantes na iniciativa.

No Ano Santo non todo ía ser para Santiago. Un equipo de investigadores da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación da Universidade de Vigo está desenvolvendo un estudo sobre as campañas de promoción e imaxe do Camiño Portugués promovidas polos concellos da provincia de Pontevedra para animalos a aumentar as súas accións divulgativas e contribuir ao desenvolvemento local.

A finais de febreiro terán nas súas mans a versión definitiva dun documento con conclusións e suxestións, así como cunha proposta de publicación e outra de páxina web sinxelas e económicas, para que os concellos poidan usar estes materiais este ano. «Trataríase dun modelo sen grandes pretensións, para cumprir o noso obxectivo primordial, que é transmitir a importancia de comunicar de xeito eficiente os recursos turísticos de ámbito local que conforman un dos camiños de maior tradición da ruta Xacobea, o Portugués, xusto no momento no que se vai celebrar o Ano Santo 2010, despois do que non haberá outro ata o 2021», precisa o coordinador do grupo Octavio Rodríguez.

Os investigadores cren que existe unha necesidade de que organismos a nivel municipal se preocupen por poñer en valor o seu traxecto do Camiño. Para o modelo de guía escolleron de exemplo o concello de Portas, polo que tan só pasa un quilómetro da ruta. Pretenden demostrar así, que por moi breve que sexa, o Camiño é a mellor oportunidade para poñer en valor o patrimonio monumental, paisaxístico e cultural dos concellos e dinamizar o seu sector turístico.

A recollida dos datos

Os investigadores puxéronse en contacto cos municipios para recoller información sobre as localidades, así como o material promocional editado durante o verán de 2009 e de facer un estudo dos recursos na rede. En novembro organizaron un focus group, no que interviñeron publicistas, xornalistas, técnicos municipais, axentes de desenvolvemento local, xestores culturais e os presidentes das Asociacións de Amigos dos Pazos e Amigos para facer unha posta en común que contribuísen á elaboración desa estratexia promocional.

As conclusións: que existe un descoñecemento da realidade material que supón o Camiño, o que se traduce nunha baixa promoción, que cifraron nun 15%. E os concellos atribúen esta carencia a cuestións orzamentarias e amosan receptividade ante a proposta dos investigadores, polo que se esperan un resultados frutíferos.

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.