No que vai de 2010, a Xunta debería ter investido xa en Vigo 765.282 € e 16 céntimos. Dacordo coas súas previsión para este ano, o goberno autónomo aprobou destinar á cidade 69.832.000 €, ou o que é o mesmo, 191.320 € e 5 céntimos diarios. Este investimentó, segundo os datos facilitados a vigoalminuto pola delegada Lucía Molares, repártiranse do seguinte xeito:Nova depuradora: 6,5 millóns
Situación actual: O Consello da Xunta do 26 de novembro aprobou un gasto de 126,78 millóns de euros para levar a cabo as obras de ampliación da estación depuradora de augas residuais (EDAR) de Vigo e o seu emisario. O importe corresponde aos 107,2 millóns de euros que Augas de Galicia achegará ás obras (o 45,04% do custo total do proxecto), e aos 19,5 millóns de euros que a Administración hidráulica de Galicia terá que aboar en concepto de xuros. A proposta da Xunta de Galicia para financiar esta actuación, aceptada polo Ministerio de Medio Ambiente, consiste na execución da obra baixo a modalidade de aboamento total do prezo, cunha especificidade: o pagamento das obras, no que afecta o cofinanciamento da Xunta de Galicia, fraccionarase en quince anualidades. Deste xeito, a Xunta pode diferir o pagamento da súa achega ata o ano 2024, garantindo ao mesmo tempo que a depuradora poderá entrar en servizo nos tempos previstos.
Situación actual: A Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza ten o proxecto, a intención e a financiación para comezar canto antes a posta en marcha da Cidade da Xustiza. O único que falta son os terreos. Neste senso, e “despois de que o alcalde da cidade se comprometera a expropiar os terreos, unha vez que o Concello de Vigo teña rematado o proceso expropiatorio, a Xunta de Galicia estará en condicións de iniciar os trámites e licitar as obras para construír o novo edificio xudicial ao día seguinte”.
Outros investimentos Sanidade: Centro Saúde Bouzas: 2,5 millóns, Centro Saúde Navia (en execución).
Víal Vigo-A Ramallosa: 10,5 millóns.
Casco Vello: 5,2 millóns
Situación actual: Ata o momento, o Consorcio ten adquiridos un total de 36 edificios que xa se atopan en pleno proceso de recuperación e que supoñen a posta en marcha de 74 vivendas e 24 locais comerciais. Deles, este ano iniciarase a rehabilitación de 21 inmobles cunha superficie total duns 4.100 metros cadrados construídos, que permitirán obter ao redor de 36 vivendas e 10 locais comerciais.
Cuarto hospital: 12 millóns
Situación actual: Cúmprense os prazos dados pola Consellería de Sanidade para que o novo hospital de Vigo este xa en marcha. O DOG publicou o 1 de decembro a resolución pola que se acorda o inicio, polo procedemento de taxación conxunta, e se somete a información pública o expediente de expropiación dos terreos. Seguindo os trámites habituais, púxose a disposición dos cidadáns e enviáronse as notificacións individuais das taxacións ás persoas que aparezan como titulares de bens e dereitos para que estes poidan formular alegacións no prazo dun mes, unha vez recibida a notificación certificada, que xa saíu da Consellería hai unha semana.
Obras nos centros educativos: 6 millóns
O CEIP Virxe do Rocío, con 2,5 millóns de euros; o novo CEIP Altamar (400.000 euros), ambos os dous en Vigo, súmanse aos investimentos previstos para o CEIP Antonio Palacios en O Porriño (2 millóns) e o CEIP A Rúa, en Cangas (200.000 euros) así coma a inversión de 1,1 millóns para o Centro de Educación Especial Saladino Cortizo de Vigo. As melloras nos comedores do CEIP Pombal e Pintor Laxeiro de Vigo, teñen partidas específicas de 150.000 euros cada un, ademais doutras reformas incluídas en partidas xenéricas de Educación.
