Vigo al minuto

O león de Domecq volve a facerlle a competencia ao da Metro

 

Domínguez explicou que a desmontaxe do mosaico foi levada a cabo pola empresa Arquipedra e Ara S.C Conservación & Restauración é a encargada da restauración. Respecto ao proceso de recuperación, sinalou que tras a eliminación de todos os elementos alleos ao mural, se desenvolveu un proceso de consolidación, fixación e tratamentos específicos no reversos dos azulexos. Tras a limpeza, o seguinte paso foi a reposición dos fragmentos perdidos e a continuación actuouse sobre a perda de cor.

MosaicoXa non anuncia outra cousa que a arte publicitaria de comezos do século pasado. O mosaico de Pedro Domecq, de Policarpo Sanz, xa está restaurado e hoxe entrou a formar parte das melloras da zona de Porta do Sol. O tenente explicou que o mesmo foi recuperado logo da degradación e os danos que sufriu dende que se instalou en 1926, coma os fungos, colas e cementos para a construcción ou actos vandálicos.

Santiago

Sobre fibra de vidro e protexido cun cristal

 

Rematado este proceso de restauración de cada azulexo, procedeuse a súa colocación nun novo soporte, de fibra de vidro elaborado a modo de panel de abella que permite unha boa ventilación, resistente aos cambios climáticos e ambientais, así como ás vibracións do efecto do tráfico da zona, e que se situou dentro dun marco de acero inoxidable e colocouse un cristal a modo de urna para evitar o seu deterioro.  instalación orixinal do mosaico, no ano 1926, foi solicitada por César Gallizo, en representación do Hotel Moderno, autorizada polo entón arquitecto municipal Jenaro de la Fuente e realizada pola empresa Valencia Industrial. No ano 1961, o representante en Vigo de Pedro Domecq, pediu permiso para adosar un gravado sobre cristal do mesmo debuxo, que fixo a Unión Cristalera. O tenente de alcalde anunciou que esta restauración “exemplo da aposta pola recuperación do noso patrimonio”,que continuará polos barrios e parroquias da cidade, co desenvolvemento de actuacións como a recuperación de muiños e sendeiros tradicionais.

 Colocado hai 83 anos

A

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.