Cultura

Morre o pintor Alfonso Sucasas

O creador Alfonso Sucasas, un dos maiores  referentes vivos da pintura galega faleceu o pasado martes aos 72 anos de idade no seu domicilio, de Vila de Cruces. A derradeira exposición de Sucasas, no centro cultural Novacaixagalicia, en Vigo, amosou unha retrospectiva das súas fondas raíces galegas e o seu alenxamento do folclorismo, algo do que fuxía conscientemente.

Alfonso Sucasas comezou a súa carreira en Brasil, pero regresou a Galicia en 1968 e iniciou unha carreira artística, que xa viña marcada por unha vocación recoñecida dende os 16 ou 17 anos, na que tivo cabida unha obra na que os temas populares e a denuncia social tiveron un lugar central.

O Concello de Lalín, no que nacera, o mesmo que Laxeiro, ven de decretar tres días de loito oficial por ese lalinenese de honra que, segundo manifestou o alcalde, quen calificouno coma “un dos grandes da pintura galega».

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.