Vigo al minuto

‘Porto do Son’, dos lucenses Mullet, premio ao mellor videoclip en Cans

Así o decidiu o xurado, formado pola actriz Isabel Risco, o actor Santi Romay, o xornalista Iago Martínez e o músico Germán Coppini.  Os xuices consideraron que o mellor clip foi, dos 20 que entraron en concurso, foi’Porto do son’, da banda lucense Mullet, do realizador Rubén Domínguez. O xurado entedeu que o mesmo era merecedor do galardón por ser “»honesto, directo, precario e canalla».

Este sábado, o Festival de Cans ponse en acción as 9 e media da mañá coa ruta a pé ‘Camiño de Atios, remontando O Roupeiro’, dende a Igrexa de Cans. Ás 11e media haberá un coloquio coa directora Isabel Coixet, que, posteriormente, colocará a súa estrela no Torreiro das Estrelas de Cans, o mesmo que fará, ás 4 da tarde o actor Chete Lera.

As proxeccións da sección oficial comezarán ás 4 e media, con ‘Miradas de Cans», Manuel Rivas e Kiko da Silva, na Sala Multiúsos e con ‘Galegos non espazo exterior‘; entre as numerosas proxeccións previstas para o sábado, ás 5 iniciarase tamén a sesión de curtos documentais e, para os que van pola música,  durante esta xornada actuarán en Cans artistas como Sés, Bruno T. Ford, Mullet, O Sonoro Maxín ou Habelas Hailas.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.