Galicia

Jorquera, «dende que goberna, Feijóo duplicou a débeda pública de Galicia, de 3.200 a 7.700 millóns»

Iso asegurou este luns o deputado nacionalista logo de participar nos ‘Almorzos off/on’ do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia. Jorquera salientou que, dende que chegou á Xunta, hai máis de tres anos, Feijóo duplicou a débeda pública de Galicia, «ao pasar de 3.200 a 7.700 millóns de euros».

Na opinión do deputado, “ o PP trata de substituír a realidade por propaganda» e , afirmou que «mentras Feijóo profetiza que  a recuperación económica empezaría en Galicia, a realidade é que a economía galega decrece, dende que é presidente, o dobre que a media estatal», afirmou.

Polo que se refire ao eido financieiro, o deputado do Bloque indicou que, tras a aprobación da segunda reforma “vexo cada vez máis negro que os xestores de Novagalicia Banco poidan desenvolver o seu proxecto», e amosou o seu convencimento de que  “o escenario está prefixado para que se opte por unha poxa onde o futuro de Novagalicia Banco sexa adquirido a prezo de saldo por un banco foráneo”.

A preguntas de xornalistas, Jorquera sinalou que a convención nacionalista celebrada o pasado domingo en Santiago de Compostela serviu para marcar «unha nova etapa» do partido e que está «máis forte e unido» para ser «a forza política do cambio».

Sobre o posible adianto de eleccións, o tamén candidato á Presidencia da Xunta, precisou que o BNG está preparado para que as eleccións «se celebren cando se celebren» e comentou ao , respecto a unha reedición do acordó de gobernó co PSdeG , que “as relacións entre os dous partidos son, fluidas e de respecto mutuo».

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.