Deportes Vigo al minuto

A Universidade de Vigo faise co Campionato de España universitario de taekwondo

A Universidade de Vigo logrou repetir título, por segundo ano consecutivo, no Campionato de España Universitario, celebrado o pasado fin de semana en Madrid. Finalmente os taekwondistas galegos lograron once medallas (cinco ouros, dúas pratas e catro bronces).

Os deportistas que representaban á Universidade de Vigo renderon a un altísimo nivel e así lograron acadar o título de campión, igual que o fixeran o ano pasado. En total conseguiron cinco medallas: tres ouros,unha prata e un bronce. Katia Calvar (-57 quilogramos) logrou a medalla de ouro e garante a súa presenza no Mundial Universitario (tamén foi subcampioa de España sénior). Ademais, fixeron o mesmo Borja Ríos (-63) e Laura Lorenzo (-46), que lograron a medalla de ouro. No caso destes deportistas parece case confirmada a súa presenza no Mundial Universitario, a espera de ser oficial, xa que ademais do título universitario lograron medallas no campionato de España sénior. Tamén representando á Universidade de Vigo, Lara Ouviña (-62) logrou a medalla de prata. E na última  completou o botín Miriam Docampo (-49 quilogramos), que conseguiu unha medalla de bronce para Vigo.

Pola súa banda, a Universidade da Coruña logrou un total de dúas medallas (1 ouro e 1 bronce). Sabela Lonja, en -73 quilogramos, conseguiu proclamarse campioa de España Universitaria, mentres que Javier Sieira (-84) conseguiu a medalla de bronce.

A Universidade de Santiago de Compostela tamén logrou unha presea grazas a Eugenio Barral (+87 quilogramos), que foi quen de conseguir un bronce no peso pesado. Ademais, temos que destacar resultados doutros galegos que non competiron nas universidades galegas. Pola UNED estaban en Madrid dous galegos, e iso a pesar das baixas de última hora de José Fernández e Lúa Piñeiro (concentrados coa selección española pola disputa do Europeo a próxima semana). E os dous representantes galegos da Universidade a Distancia realizaron un gran papel: Fernando Rascado (-80) logrou a medalla de ouro mentres que Juan Fernández foi prata en -58 quilogramos. E xa para rematar, destacar o bronce de Cristina Leboreiro (-62 quilogramos), que acudiu a este campionato en representación da Universidade Francisco de Vitoria, de Madrid.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.