Vigo al minuto

A Xunta cederá, este luns, ao Concello 35 vivendas de promoción pública en Navia

Trátase de 35 vivendas que forman parte das 384 Vivendas de Promoción Pública que a Xunta construíu en San Paio de Navia. Delas, hai que lembrar que 343 xa foron entregadas aos seus adxudicatarios.  Así, as vivendas cedidas ao Concello de Vigo teñen todas 3 dormitorios e unhas superficies que van dende os 80 aos 87,6 metros cadrados, contan con rocho e garaxe. 6 delas destínanse a persoas con mobilidade reducida, estando adaptadas para persoas que teñen necesidade de utilizar cadeira de rodas, mentres que as 29 restantes contan cunha superficie útil de entre 80 e 82 m2.

As mesmas se adxudicarán polo Concello en réxime de aluguer, logo da entrega de 343 vivendas por parte do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS), das que 178 foron en aluguer e 165 en réxime de compravenda cuns prezos de venda que oscilaron entre os 41.539 e 68.220 €, dependendo da superficie de vivenda e das condicións económicas dos adxudicatarios, mentres que no que respecta ás vivendas en alugueiro, o custe mensual oscila entre 89 e 170 €.

O Goberno galego leva investidos máis de 90 millóns de euros en San Paio de Navia, dos que 50 corresponden ás 384 vivendas de promoción pública, 8 millóns á zona verde e 34 millóns ao plan de actuación urbanística (PAU).

En maio de 2005 contratase a redacción do proxecto básico aos arquitectos Fraga, Quijada, Portolés y Asociados, e presentase en Vigo o deseño previo das vivendas. Tamén se inician en 2005 os trámites para a licitación da redacción do proxecto de execución e a obra de construción, trámites que foron anulados polo goberno bipartito, que procedeu a licitar por separado a redacción do proxecto e a construción das vivendas, causando un retraso de arredor de un ano no inicio da construción das vivendas.

As obras de construción das vivendas foron adxudicadas por un importe de 35.082.000 €, pero o custe real das mesmas veríase incrementado en dúas ocasións ata chegar aos 41.900.025 €. En decembro de 2008 a antiga Consellería de Vivenda e Solo autorizou a redacción dun modificado que finalmente supuxo un incremento de 5.766.013 €, o que supón o 16,4 % do importe de adxudicación inicial da obra.

Posteriormente, foi preciso aprobar en decembro de 2009 un complementario para a execución de obras de urbanización na parcela en que se atopan emprazadas as vivendas, obras que non estaban previstas polo goberno anterior, que acadou un importe de 1.052.012 €, polo que o importe total da obra ascendeu ao total de 41.900.025 €.  A esta cifra á que hai que sumar os honorarios de redacción dos proxectos básico e de execución, redacción do modificado e complementario, certificación final de obra, custe de licenza municipal e as obras de arranxo do vial fronte ás vivendas para acadar un investimento total de 50.321.625,75 €.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.