
A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz, presentou este xoves a III edición da Etapa Popular Camiño da Costa, unha iniciativa que terá lugar o vindeiro 21 de xuño cun percorrido polo tramo da ruta xacobea que une Vigo e Redondela.
Na presentación da actividade estivo acompañada polo presidente da Federación Provincial de Comercio, Iván Iglesias; o presidente de Ahosvi, Daniele Provezza; o presidente de Feprotur, César Ballesteros; o delegado de Gadisa, Pablo Louro; e o presidente de Vodea, Juan Mallo.
Ortiz salientou que esta convocatoria xa se consolidou como unha cita habitual tras a boa acollida das dúas primeiras edicións, celebradas no tramo vigués do Camiño e entre Oia e Baiona. “Quero convidar á cidadanía a participar un ano máis na iniciativa, porque de novo temos un percorrido espectacular pola ría de Vigo que ninguén debe de perderse”, afirmou.
Catro horas de camiño, ata a Casa da Torre, en Redondela
A andaina partirá ás 09.00 horas desde o edificio administrativo da Delegación Territorial da Xunta en Vigo e rematará aproximadamente catro horas despois no albergue da Casa da Torre, en Redondela.
Durante a presentación, a representante autonómica puxo en valor o crecente atractivo do Camiño Portugués da Costa ao seu paso por Vigo. Segundo indicou, nos primeiros meses deste 2026 foron xa preto de 40.000 os peregrinos que obtiveron a Compostela tras realizar esta ruta, unha cifra que supón un incremento do 23 % respecto ao mesmo período do ano pasado.
Sinalización do Camiño na cidade
Neste contexto, Ana Ortiz volveu reclamar a sinalización do itinerario xacobeo dentro da cidade. “Atopamos cada día a peregrinos perdidos pola cidade e consideramos unha falta de respecto aos nosos visitantes. Non entendemos a negativa do alcalde de Vigo a sinalizar o paso da ruta despois de comprometerse co presidente Rueda na reunión que tiveron hai xa dous anos”, manifestou.
Inscrición
A Xunta organiza esta actividade a través da Delegación Territorial de Vigo e coa colaboración da Dirección Xeral de Turismo. As persoas interesadas en participar poden inscribirse chamando ao teléfono 986 81 77 97 desde hoxe e ata o vindeiro xoves 18 de xuño.
O punto de encontro será ás 08.30 horas do día 21 de xuño na fachada da Delegación Territorial da Xunta.
OUTRAS NOVAS
- Hallan un cadáver en la zona donde buscan a Mari Pereira, la mujer desaparecida en Redondela desde junio
- El Concello de Vigo lanza una advertencia sobre la reventa de entradas de Castrelos: podrías quedarte sin acceder al concierto
- A Xunta cede gratis ao Concello de Vigo a antiga estación de autobuses, tras anos de disputas
- «No va a sacar ni un concejal»: Caballero arremete contra Luisa Sánchez por la crisis de vuelos en Peinador
- Cuatro días buscando a Carmen: desapareció en Lugo y SOS Desaparecidos activa una alerta de alta vulnerabilidad





